Rodavigo obtén 4 Indicadores de Ardán en 2019

En Rodavigo conseguimos o maior número de recoñecementos de Ardán nun só ano. Nesta ocasión, obtivemos os Indicadores Ardán á Empresa de Alta Produtividade, á Empresa Xeradora de Riqueza, á Empresa Innovadora e á Empresa Global.

ardan-rodavigo-2019

O Indicador á Empresa de Alta Produtividade recoñece a Rodavigo a súa capacidade de innovación e de organización empresarial, dúas características que garanten altos niveis de produtividade e unha sólida vantaxe competitiva.

O Indicador á Empresa Xeradora de Riqueza valora a utilidade que ten a nosa empresa para a sociedade e os nosos grupos de interese, como poden ser o noso capital humano, os provedores, os acredores e as administracións públicas.

O Indicador á Empresa Innovadora premia a Rodavigo en labores de investigación, desenvolvemento e innovación. Isto inclúe aspectos como a tecnoloxía de procesos, a produtividade laboral, o esforzo en I+D interno ou o retorno en I+D+i.

O Indicador á Empresa Global outorga á nosa organización o mérito dunha diversificación xeográfica internacional a través dun proceso evolutivo e dinámico de longo prazo, a través do cal se consegue aumentar o número de clientes estranxeiros ou o volume de exportacións fóra da UE.

Desde Rodavigo agradecemos o recoñecemento ao noso esforzo con 4 novos Indicadores de Ardán. O noso obxectivo é seguir traballando día a día para conseguir novos éxitos e continuar con esta traxectoria. Damos as grazas tamén á colaboración de todas aquelas persoas e empresas que nos axudan a ofrecer o mellor servizo.

2019

2018

2017

2016

2012

Artículos Relacionados

Certificacións

AENOR Empresa Registrada
AENOR GEstión Ambiental
IQNET
Rodavigo Logo