Quen Somos

Rodavigo, con CIF A36634434, é unha compañía que se funda en 1985 para a comercialización e distribución de subministracións industriais. Desde entón, a empresa consolidouse a nivel internacional grazas á súa continua aposta pola innovación, a tecnoloxía e a especialización do seu equipo profesional.

Os seus obxectivos son seguir sendo referentes no sector industrial e expandirse a novos mercados, manténdose ao día coas novas tecnoloxías e necesidades do consumidor da subministración industrial.

Descarga a presentación da empresa

Exterior Nave Rodavigo. Empresa de Subministracións Industriais
Plataforma Online B2B Rodavigo

Dixitalización

O ano 2007 supón un punto de inflexión para Rodavigo. Implántase unha plataforma online B2B en sete idiomas co obxectivo de axilizar a xestión de pedidos e poder proporcionar todo tipo de información dos produtos aos seus clientes e usuarios do sector industrial. Isto supuxo un importante crecemento dentro do sector, sendo recoñecidos por medios de comunicación e empresas certificadoras.

Outra das iniciativas que se están a desenvolver é a utilización de sistemas de intercambio electrónicos de datos como o EDI ou o API REST, que permiten automatizar e axilizar os procesos de intercambio de datos, tanto con clientes coma con fabricantes.

Unha das utilidades deste sistema é que facilita a localización de artigos e de stocks de fabricantes europeos, información que pasaría a estar dispoñible para os clientes. Tamén é útil para coñecer de forma inmediata o estado de pedidos, ofertas, transporte, facturas, etc., así coma a documentación técnica, fotografías, 3D e planos asociados aos artigos.

Internacionalización

En pleno proceso de dixitalización, e tras asistir a varios eventos do sector industrial de prestixio internacional, Rodavigo é capaz de:

  • chegar a mais de 90 países
  • apostar pola tradución de máis de 10.000 subprodutos
  • establecer contacto con importantes clientes e fabricantes a nivel internacional
  • fomentar o uso de diferentes canles de comunicación.
Internacionalización da Empresa. Máis de 90 países

Certificacións

AENOR Empresa Registrada
AENOR GEstión Ambiental
IQNET
Rodavigo Logo
¿Precisas Axuda?