Cando falamos de ferramentas para liñas de montaxe industrial, é importante escoller un equipamento capaz de transmitir forza con control e precisión do par. Aquí é onde entran en xogo as ferramentas eléctricas ou pneumáticas de Desoutter.

A firma de orixe francesa, grazas a unha ampla traxectoria, ofrece un extenso catálogo de ferramentas e complementos que garantirán que a súa liña de montaxe conte cun equipamento de alta eficiencia.
Ferramentas de aperte
Como non todas as necesidades son iguais, a firma conta con diferentes ferramentas de aperte, como solucións pneumáticas, con cable ou sen fíos.
Máis alá da súa velocidade, potencia e precisión, estas ferramentas complétanse cun amplo catálogo de accesorios, entre os que se atopan bocas, portapuntas, puntas de medialúa, adaptadores ou extensións.
Solucións para postos de traballo
Naqueles sectores nos que a precisión e a repetibilidade nos postos de traballo son fundamentais, a firma ofrece solucións como os seus equilibradores, deseñados para cargas de ata 200 kg e para mellorar a ergonomía do operario e a calidade da produción.
Disponibilidade de Desoutter en Rodavigo
Descubra as solucións para a súa liña de montaxe con Desoutter. Consulte o catálogo dixital incorporado á nosa páxina web.
Atopa a solución perfecta para as súas necesidades explorando o amplo catálogo en PDF dispoñible tamén no noso portal B2B.
Para calquera dúbida ou consulta adicional, pode empregar o noso formulario de contacto, correo electrónico ou número de teléfono.




