Rodavigo celebra 40 anos de innovación e crecemento no sector industrial

Este 2025 temos o orgullo de celebrar en Rodavigo o noso 40 aniversario, un fito que nos consolida como un referente do sector do subministro industrial, tanto a nivel nacional como internacional.

Desde a súa fundación o 13 de xullo de 1985, Rodavigo percorreu un camino de crecemento constante, sempre apostando pola dixitalización, a expansión internacional e unha atención ao cliente especializada. Este enfoque permitiunos evolucionar, adaptarnos aos cambios do mercado e manternos firmes incluso en momentos económicos complexos.

A día de hoxe, podemos dicir con orgullo que incrementamos de forma significativa o noso volume de negocio, cunha facturación prevista para o peche deste ano de 25 millóns de euros. Isto supón un incremento próximo ao 50% respecto aos 17 millóns facturados en 2022. O crecemento tamén se reflicte na nosa carteira de clientes: pasamos de 6.000 en 2022 a unha previsión de 10.000 clientes este ano, diversificando o noso ámbito de actuación en diferentes sectores estratéxicos, coma a automoción, a maquinaria industrial, o naval, a aeronáutica e a investigación.

Para dar resposta a este aumento na demanda, recentemente adquirimos un novo almacén de 4.000 metros cadrados, destinado ao almacenamento de produtos. Esta ampliación é clave para mellorar os nosos tempos de entrega e seguir ofrecendo un servizo eficiente.

A internacionalización é outro dos nosos pilares fundamentais. Hoxe, comercializamos produtos en máis de 120 países, grazas ao excelente traballo da nosa plataforma dixital rodavigo.net. A nosa web converteuse nunha ferramenta estratéxica para posicionar un catálogo de máis de 4,5 millóns de referencias.

Todo isto non sería posible sen o noso equipo. Actualmente, máis de 75 persoas forman parte da familia Rodavigo. Este crecemento en persoal responde á necesidade de contar con perfís técnicos altamente cualificados, pero tamén ao noso compromiso co desenvolvemento profesional e a formación contínua.

Un aspecto que nos fai sentir especialmente orgullosos é a nosa colaboración coa Asociación Down Vigo. Grazas a este acordo, tres persoas con síndrome de Down e diversidade intelectual traballan connosco, demostrando día a día o seu talento e compromiso. Para nós, a inclusión social non é unha meta, senón unha forma de entender a empresa.

Ao longo destes anos, tamén recibimos numerosos recoñecementos, entre eles 19 premios Ardán nos últimos cinco anos, incluindo dous galardóns á Excelencia Empresarial en 2020 e 2021. Estes premios son o reflexo do esforzo e a dedicación de todo o equipo.

Miramos al futuro con la misma ilusión e innovación con la que empezamos en Vigo hace cuatro décadas. Con una infraestructura logística sólida, una plataforma digital puntera y un equipo humano comprometido, seguimos avanzando hacia una mayor internacionalización y liderazgo en el suministro industrial especializado.

Pode consultar a noticia completa en Faro de Vigo

Artículos Relacionados

Rodavigo Logo
//