Rodavigo cumpre 40 anos de evolución, crecemento e compromiso

No 2025, Rodavigo cumpriu 40 anos de traxectoria no sector dos subministros industriais. Catro décadas de compromiso coa calidade, a innovación e o servizo ao cliente, consolidándonos como un provedor de referencia a nivel nacional e internacional.

Co foco na mellora continua de procesos, expansión do catálogo e fortalecemento de relacións con clientes, provedores e a comunidade.

A continuación, repasamos os principais logros que definiron este 2025 tan especial.

Celebramos o noso 40 aniversario cun conmovedor reportaxe en Faro de Vigo, onde repasamos a nosa traxectoria e evolución como empresa de referencia en subministracións industriais.

Máis produtos, máis solucións: crece o noso catálogo industrial

Este ano alcanzamos as 4,66 millóns de referencias de artigos, cunha xestión documental e tarifaria sen precedentes:

  • 1,4 millóns de artigos tarifados.
  • 3,25 millóns de referencias con documentación técnica.
  • 48.900 referencias movidas ao longo do ano, distribuídos nos nosos dous centros lóxicos, o que garante eficiencia operativa e unha cadea de subministro áxil e fiábel.

Este crecemento permítenos ofrecer 397 catálogos dixitais de 8.349 marcas, así como 364 catálogos PDF de fabricantes, cunha cobertura que chega a 9.194 clientes en todas as provincias españolas (incluíndo Ceuta e Melilla), e en 112 países a nivel internacional.

Recoñecementos empresariais

Este ano, Rodavigo foi incluída no rankig das 25 Empresas Intelixentes, segundo o estudo ARDÁN, que analiza datos de mais de 45.000 compañías. Ademais, obtivemos cinco Indicadores ARDÁN 2025, que recoñecen diferentes aspectos do desempeño empresarial:

  • Alto Rendemento
  • Xeradora de Riqueza
  • Fortaleza Financeira
  • Empresa Global
  • Empresa Circular

A isto súmanse os certificados de PYME Innovadora, outorgados tanto polo Ministerio de Ciencia e Innovación como por AENOR, que recoñecen a nosa aposta pola innovación e a transformación dixital.

Participación en eventos e feiras

Estivemos presentes en dúas das principais feiras do sector:

  • BIEMH en Bilbao
  • METALMADRID en Madrid
  • EXPONOR en Oporto

No ámbito da internacionalización, compartimos a nosa experiencia nos Mércores de Internacionalización organizados pola Zona Franca de Vigo. Ademais, o noso Director Xeral, Nazario Correa, foi entrevistado polo medio especializado C de Comunicación, onde abordou os desafíos e oportunidades do sector.

Avances tecnolóxicos e melloras en procesos

Este ano reforzáronse a infraestrutura tecnolóxica de Rodavigo coa implantación de melloras que permiten unha xestión máis eficiente:

  • Actualización do ERP, con impacto na xestión de compras e vendas.
  • Melloras no buscador de pedidos, ofertas e albaráns, facilitando o acceso á información para os nosos clientes.
  • Aplicación de ferramentas de intelixencia artificial (IA) para optimizar datos e automatizar tarefas.
  • Migración e optimización das bases de datos.
  • Sistema de cotizacións de transporte.
  • Desenvolvemento dun conxunto de integracións vía API, que abranguen:
    • Transportistas
    • Provedores
    • IA

Estas integracións ampliaron significativamente as capacidades da aplicación, con especial atención á mellora da trazabilidade, a busca de información e a automatización de procesos.

Compromiso social e apoio ao deporte local

A responsabilidade social segue sendo un dos nosos piares. Participamos na VI Marcha Contra o Cancro organizada pola Asociación Española Contra el Cáncer de Pontevedra, e continuamos colaborando coa sede local en Redondela.

Así como en múltiples iniciativas xunto á Asociación Down Vigo, co obxectivo de construír un entorno laboral diverso e inclusivo.

Ademais, patrocinamos e apoiamos a numerosos clubs deportivos e asociacións locais:

Club SAR Balonmán
CCD Cesantes-Rodavigo
Asociación Deportiva CAR
Redondela FS
CCR Chapela
Club Baloncesto Redondela
Grupo Casa Paco
Campeonato Rías Baixas Slot

Tamén recibimos con orgullo a visita do equipo infantil feminino de SAR BM, que compartiu a súa experiencia no Campionato Estatal Infantil Feminino 2025, onde obtiveron un meritorio 6º posto nacional.

Rodavigo continúa a súa actividade cunha visión de mellora continua, apostando pola innovación, a calidade e a cercanía co cliente. Pechamos 2025 co compromiso de seguir desenvolvendo solucións técnicas, apoiando á nosa comunidade e adaptándonos aos retos do mercado industrial.

Agradecemos aos nosos clientes, colaboradores e provedores por formar parte deste camiño. Estamos preparados para enfrontar os novos retos do 2026 coa mesma paixón, rigor e visión que nos levaron ata aquí.

Artículos Relacionados

Rodavigo Logo
//