Rodavigo consolídase como Líder en Excelencia Empresarial

Nos pasados días, tivemos a satisfacción de recibir a visita do Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, D. David Regades Fernández, o cal nos fixo entrega dos indicadores Ardán 2020 a:

  • Empresa innovadora
  • Empresa circular
  • Xeradora de riqueza
  • Empresa global

Rodavigo é unha das sete empresas da comarca de Vigo que máis indicadores Ardán de Excelencia Empresarial conseguiu, un recoñecemento outorgado polo Consorcio Zona Franca. É un acontecemento na economía local que ten un especial valor e dificultade debido á crise sanitaria e económica que o Covid provocou na sociedade.

excelencia-empresarial-rodavigo

Rodavigo forma parte dos “campións ocultos”

A finais da década dos 90, o profesor de Harvard Business School, Hermann Simon, acuñou o termo de “campións ocultos” na linguaxe empresarial para referirse a aquelas compañías que son líderes no seu mercado sen necesariamente contar cunha alta visibilidade pública nin un elevado volume de negocio. A Zona Franca ha recuperado esta expresión para poñer en valor os resultados e o traballo realizado por este grupo de empresas que lideramos os nosos sectores, dentro da economía local.

Unha das claves que nos permitiron manternos neste nivel foi a constante procura da innovación e a apertura ao mercado internacional. A páxina web consolidouse como unha base sobre a que poder chegar a máis de 90 países, con máis de 3 millóns de referencias ao dispor de todos os usuarios, en múltiples idiomas. O posicionamento en Google permitiu tamén un acceso inmediato e unha visibilidade moitas veces superior á dos propios fabricantes.

  • Podes consultar a noticia dixital no Atlántico aquí.
  • Podes acceder aos nosos premios e recoñecementos aquí.
  • Podes repasar a nosa traxectoria aquí.
excelencia-empresarial-rodavigo-2

Artículos Relacionados

Certificacións

AENOR Empresa Registrada
AENOR GEstión Ambiental
IQNET
Rodavigo Logo