Claves das Válvulas de Bolboreta de CMO Valves

Traballar en equipo é o mellor activo. A experiencia e o coñecemento de cada un, coa súa capacidade de innovación tecnolóxica, constitúen a base e o motor de CMO Valves, unha compañía que se dedica ao deseño, fabricación e axuste de válvulas, tanto estándar como especiais. O seu amplo rango de produción permítelle abarcar infinidade de aplicacións industriais e controlar toda clase de fluídos.

A continuación, imos analizar as características dun determinado tipo de válvulas de bolboreta.

valvulas-cmo-valves

Características xerais da válvula de bolboreta da serie ME

valvula-mariposa-me-cmo-valves

Esta válvula de bolboreta é apropiada tanto para traballar en liña, como para exercer como válvula de seguridade en casos de emerxencia. É moi utilizada en conducións forzadas, nas centrais hidroeléctricas. É unidireccional e ten dobre excentricidade.

A presión diferencial á que poden traballar estas válvulas é moi variable, xa que se deseñan para as necesidades de cada proxecto en concreto, pero poden soportar presións de ata 100 kg/cm².

A velocidade de fluído máxima coa que poden traballar é de 4,9 m/s.

Vantaxes da válvula de bolboreta da serie ME

valvula-seguridad-cmo-valves

A principal característica da válvula de bolboreta ME é o seu deseño con dobre excentricidade. Grazas a ela, obtense un sistema de peche moi eficaz. En canto se empezo a abrir a válvula, a xunta de elastómero deixa de estar presionada e non roza contra o corpo. É por iso que non se presiona a xunta ata o momento do peche, polo que se evitan gran parte de rozamentos e esmagamentos da xunta, o que axuda a prolongar a súa vida útil.

Doutra banda, o fluxo sempre tende a pechar a válvula, o que é unha gran vantaxe cando traballa como válvula de seguridade en situacións de emerxencia.

Como podo solicitar material de CMO Valves en Rodavigo?

Incorporamos o catálogo dixital de CMO Valves á nosa páxina web, onde se poden consultar e solicitar todo de válvulas e actuadores deste fabricante. Tamén podes facelo a través do noso formulario de contacto, correo electrónico ou número de teléfono.

Artículos Relacionados

Rodavigo Logo
//