Master é un fabricante de maquinaria para o tratamento do aire de alcance mundial. Os produtos desta marca deséñanse para adaptar a contorna laboral ás esixencias do traballador da maneira máis rápida e sinxela posible, cun custo de investimento baixo. Para crear o mellor clima para o traballo, baséanse en catro obxectivos principais: quentar, arrefriar, secar e ventilar.

Como quentar grandes instalacións industriais con Master
A calefacción de grandes espazos industriais pode chegar a ser moi complicada debido ao custo enerxético, a unha mala planificación ou a dificultades técnicas na instalación. Hai que ter en conta factores como a altura que hai ata o teito, o feito de que xanelas e portas estean abertas durante a xornada laboral, que exista un illamento defectuoso ou que, mesmo, o deseño concreto de determinadas arquitecturas requiran de zonas de especial atención pero de difícil acceso. Tendo en cuenta todas estas variables e dificultades, a solución óptima é a utilización de equipos portátiles de calefacción. As razóns son as seguintes:
Como podo consultar o catálogo dixital de Master?
Incorporamos o catálogo dixital do fabricante Master na sección de maquinaria, ao que se pode acceder a través da nosa páxina web ou de calquera das categorías que indicamos a continuación. Tamén é posible consultar o seu catálogo na versión PDF nesta ligazón.







