Cos dispositivos de manipulación adecuados, o manexo de ferramentas pesadas resulta moito máis ergonómico e seguro. Carl Stahl Kromer é un fabricante de equilibradores para ferramentas de todo tipo e tamaño. Hai modelos deseñados tanto para pequenas cargas como para usos altamente profesionais, de ata 300 kg.
A continuación, imos citar algúns exemplos de equilibradores que fan que este tipo de traballos sexan máis sinxelos.

Máis produtividade e seguridade na montaxe
Os equilibradores forman parte da familia dos polipastos, que á súa vez son equipos de elevación. Serven como axuda para a elevación manual para ferramentas e outros tipos de cargas.
Debido ao seu deseño, a carga que vai unida ao equilibrador é coma se non tivese peso, o que permite colocala á altura desexada. Desta maneira, pódese traballar con maior precisión e sen fatiga, mesmo en períodos longos de tempo.
Tamén poden funcionar para almacenar ferramentas e outros equipos de maneira ordenada e segura. Ao non estar en contacto con outros obxectos ou superficies, sofren menos desgaste.
Poderiamos resumir as vantaxes dos equilibradores da seguinte maneira:

Protección adicional cos equilibradores ATEX
A serie de equilibradores ATEX de Carl Stahl Kromer desenvolveuse para áreas nas que se poden producir atmosferas explosivas, xa sexa por gases inflamables ou combustible en po.
Neste tipo de contextos, a súa función segue sendo a de neutralizar o peso de cargas como as das ferramentas, equipos de traballo ou mangueiras. Poden cubrir rangos de cargas que van desde os 15 a 55 kg, así como alturas de ata 2 metros.

Como solicitar equilibradores de Carl Stahl Kromer en Rodavigo
Como incorporamos o catálogo dixital de Carl Stahl Kromer na nosa páxina web, é un bo momento para consultarnos por aqueles equilibradores e outros dispositivos de elevación e tracción de cargas.
Con todo, lembra que tamén temos dispoñible no noso portal B2B o catálogo en PDF de Carl Stahl. Aquí poderás consultar documentación técnica, ademais de equilibradores, doutros tipos produtos do grupo empresarial, como eslingas, guindastres e outros equipos de elevación.
Por último, lembrarche que sempre podes comunicarche connosco a través do noso formulario de contacto, correo electrónico ou número de teléfono.




