Parafusado e montaxe industrial: Kolver

Con presenza en máis de 30 países, Kolver consolidouse como referente en solucións de parafusado para sectores como a automoción, electrónica e aeroespacial. Os seus parafusadores eléctricos e sistemas de montaxe destacan polo control de par e ángulo, ergonomía superior e compatibilidade con contornos da industria 4.0.

Parafusado para cada necesidade

Kolver ofrece unha gama completa de parafusadores eléctricos adaptados a distintos niveis de precisión e control.

Os parafusadores con transdutor permiten monitorizar en tempo real o par e o ángulo, garantindo a máxima trazabilidade e repetibilidade en liñas de montaxe esixentes. Os modelos con embrague mecánico son unha solución fiable e económica para aplicacións de par controlado.

Os parafusadores con control de corrente axustan automaticamente a potencia subministrada, permitindo un apertado consistente sen sensores externos — ideais para tarefas repetitivas de precisión media.

Controladores, sistemas de par e accesorios

Kolver complementa a súa liña de parafusadores cunha ampla gama de controladores, accesorios e sistemas auxiliares. Cada tipo de parafusador require un controlador específico optimizado para xestionar as súas funcións e garantir o máximo rendemento.

Ademais, ofrece accesorios para unha integración completa como brazos reactivos, soportes, cables, interfaces, etc. Para axilizar procesos, dispón de alimentadores automáticos de parafusos compatibles cos seus equipos, e probadores de par que permiten verificar e calibrar a precisión de apertado en contornos industriais esixentes.

Disponibilidade de Kolver en Rodavigo

Dálle par aos teus proxectos cos produtos de Kolver. Consulta o catálogo dixital que incluímos na nosa páxina web.

Descubre a solución perfecta para as túas necesidades explorando o amplo catálogo en PDF que tamén subimos ao noso portal B2B.

Para calquera dúbida ou consulta adicional, podes usar o formulario de contacto, correo electrónico ou teléfono.

Artículos Relacionados

Rodavigo Logo
//