Rodavigo recoñecida entre as Empresas Máis Excelentes de Galicia nos Premios ARDÁN

En Rodavigo temos o pracer de compartir unha noticia que nos enche de orgullo:

Fomos recoñecidos na séptima edición dos Premios ARDÁN á Excelencia Empresarial de Galicia, un galardón que distingue ás compañías con mellor desempeño global dentro do tecido empresarial galego.

Na última edición conseguimos 5 Indicadores ARDÁN, o que nos sitúa entre as 14 empresas galegas con mellor desempeño empresarial entre as máis de 45.000 compañías analizadas.

Unha distinción reservada a un grupo moi reducido de organizacións que destacan polos seus resultados, capacidade de xestión e contribución ao desenvolvemento económico, reflectindo así o compromiso de Rodavigo co crecemento sostible, a eficiencia empresarial e a xeración de valor.

Os indicadores obtidos por Rodavigo en 2025 son:

  • Empresa de Alto Rendemento
  • Empresa Xeradora de Riqueza
  • Fortaleza Financeira
  • Empresa Global
  • Empresa Circular

Este recoñecemento ten un significado especial para nós porque pon en valor unha forma de entender a empresa baseada no crecemento sostible, a vocación internacional e o compromiso cos nosos clientes.

 

Un Recoñecemento ao Rendemento Empresarial

Os Indicadores ARDÁN son elaborados anualmente polo servizo de estudos económicos do Consorcio da Zona Franca de Vigo, que analiza o comportamento de máis de 45.000 empresas galegas para identificar aquelas que destacan polos seus resultados e pola súa capacidade para afrontar con éxito os desafíos dun entorno empresarial cada vez máis esixente.

A obtención de cinco indicadores nunha mesma edición supón un recoñecemento ao traballo desenvolvido en diferentes áreas estratéxicas da empresa, desde a xestión financeira e o crecemento económico ata a internacionalización e a sostibilidade.

Cinco Indicadores que Reflicten a Nosa Forma de Traballar

Empresa de Alto Rendemento

Recoñece ás empresas que manteñen niveis sobresaíntes de crecemento e eficiencia, demostrando unha xestión capaz de transformar o esforzo en resultados.

Empresa Xeradora de Riqueza

Distingue ás organizacións que crean valor económico de forma sostida, contribuíndo ao desenvolvemento do seu entorno e fortalecendo o tecido empresarial.

Fortaleza Financiera

Premia ás empresas que presentan unha estrutura financeira sólida e equilibrada, un factor clave para enfrontar novos desafíos e garantir un crecemento estábel a longo prazo.

Empresa Global


Recoñece a capacidade de competir en mercados internacionais e a aposta pola expansión exterior como parte da estratexia empresarial.

Empresa Circular

Pon en valor a integración de criterios de sostibilidade e economía circular na actividade da empresa, fomentando un uso máis eficiente dos recursos e unha xestión responsable.

Máis alá dos datos, estes recoñecementos reflexan unha filosofía de traballo baseada na mellora continua, a innovación e a busca constante de novas formas de aportar valor aos nosos clientes.

Un Recoñecemento que Compartimos

Detrás deste premio hai moito máis que indicadores e resultados. Hai un equipo de profesionais comprometidos, unha rede de fabricantes e provedores de confianza e milleiros de clientes que confían cada día en Rodavigo para atopar solucións industriais adaptadas ás súas necesidades.

Cada proxecto desenvolvido, cada pedida xestionada, cada mellora implementada e cada cliente atendido contribúen a construír unha empresa máis sólida e preparada para afrontar novos retos.

Por iso, queremos compartir este recoñecemento cos nosos provedores, fabricantes, clientes e, en especial, coa nosa familia Rodavigo, cuxa confianza nos impulsa a seguir medrando e evolucionando ano tras ano.

Comprometidos co Futuro

Desde os nosos inicios apostamos pola mellora continua, a dixitalización de procesos, a ampliación constante do noso catálogo industrial e a busca de solucións que aporten valor real aos nosos clientes.

Recibir de novo o Premio ARDÁN á Excelencia Empresarial animanos a seguir traballando coa mesma filosofía: combinar especialización técnica, innovación, sostibilidade e proximidade para seguir medrando de forma sólida e sustentable.

Queremos agradecer ao Consorcio da Zona Franca de Vigo este recoñecemento, así como felicitar ao resto das empresas gañadoras pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social de Galicia.

Este premio impúlsanos a seguir avanzando coa mesma ilusión e compromiso que nos acompañaron ata aquí.

Porque máis alá dos premios, o noso maior reto segue sendo o mesmo: crear valor para os nosos clientes e contribuír ao crecemento da industria.

A continuación pódese ver a noticia nos diferentes medios de comunicación:

Artículos Relacionados

Rodavigo Logo
//