As válvulas son elementos indispensables na condución de fluídos dentro do sector industrial. E aínda que se poden empregar en diferentes aplicacións dependendo do seu deseño e o material co que están fabricadas, seleccionamos 3 agrupacións de válvulas de MT Industrial para analizar.

Válvulas de aceiro inoxidable
O aceiro inoxidable é un material que resulta ideal para aquelas válvulas que precisan dunha esixencia mecánica alta. Tamén o é cando o fluído e o ambiente son corrosivos. Ademais, ofrecen unha excelente resistencia á oxidación, unha boa mecanización en frío e moi boas propiedades mecánicas.
Estas son algunhas das aplicacións ou contextos onde as válvulas de aceiro inoxidable de MT Industrial son garantía:

Válvulas de fundición
A fundición é unha aliaxe de ferro, carbono e outros elementos, en menores cantidades. Isto convérteo nun material idóneo para válvulas que necesiten unha esixencia mecánica media, ou ben que o fluído e o ambiente non sexan corrosivos.
As válvulas de fundición de MT Industrial pódense empregar nas seguintes aplicacións ou industrias:

Válvulas de bolboreta en ferro

Aínda que o ferro é un metal común e fráxil, con pouca resistencia á dureza e á oxidación, adóitaselle dar un tratamento químico de galvanizado para potenciar os seus atributos.
Este tipo de válvulas de bolboreta en ferro de MT Industrial poden incorporar:
Cómo solicitar válvulas de MT Industrial
Incorporamos o catálogo dixital de MT Industrial á nosa páxina web, polo que é posible solicitarnos directamente tanto válvulas como outros elementos de canalización e condución de fluídos deste fabricante.
Con todo, lembra que tamén temos dispoñible o catálogo en PDF de MT Industrial no noso portal B2B por se queres ampliar calquera tipo de información técnica.
Para calquera dúbida ou consulta, podes localizarnos a través do noso formulario de contacto, correo electrónico ou número de teléfono.




